Vistas de página en total

jueves, 5 de mayo de 2011

Ao néctar e á ambrosía súmase "... de infinitum"

Con "... de infinitum" o Projecto ['Trepia] propón un novo espectáculo dunha hora de duración que conxuga música, danza e videoproxección, no que a danza e a música tradicional galega evolucionan e se adaptan ao século XXI. A estrea do show será mañá venres 6 de maio, ás dez e media da noite no Auditorio municipal de Cangas (av. de Lugo 27).
De infinitum, segundo proposta deste colectivo trala exitosa Trepia 1punto3, esta dividida en dúas partes, que representan os opostos que configuran a propia cosmovisión do grupo, "luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten, coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, o dia e a noite". Para chegar a isto, xunto a un magno talento, nos seus directos esta banda fai uso de sons sampleados, de voces, da percusión e a zanfona electro-acústica, como principal instrumento solista. Ademáis disto, o univeso ['Trepia] non tería sentido sen as aportacións do emprego da proxección visual, "que non é ilustrativa, senón que contextualiza o espectáculo dende distintos prismas".
"O repertorio tradicional mestúrase non só con outros estilos e recursos, senón tamén consigo mesmo. A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da propia música. Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, empregados con liberdade". "Trátase de deconstruir, que non destruir, e analizar en profundidade a música e a danza tradicional galega, para logo poder reciclala
Xunto ao técnico de son Henry Pérez, o Projecto ['Trepia] fórmano: Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile), Cayetano Amenábar (Zanfona), Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile), Andrea Pino Fernández (Voz, percusión, baile), Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile), Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile), Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile), Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile), Xito Outeiro (Percusión), Diego Boullosa Pintos (Videocreación) e Marta Verde Baqueiro (Videocreación).

No hay comentarios:

Publicar un comentario