Vistas de página en total

jueves, 5 de mayo de 2011

Cidade de Ourense

A cidade de Ourense ten grandes desventaxas como que non ten mar, iso é certo. Pero temos moitas cousas que non ten ningunha outra cidade. A xente é fantástica xa que é unha cidade pequena e todo o mundo se coñece.

Hai espectaculares lugares a onde acudir en caso de aburrimento máis os que estń en proceso. A ponte romana, por exemplo, é un lugar fermoso onde se pode disfrutar tanto de día, cos amigos tumbados no céspede coma de noite vendo as estrelas ao lado do río Miño.

En Ourense tamén se poden atopar parques para os anciáns que se atopan ao longo do paseo que recorre pobos como A Valenzá ou Mariñamansa. Por iso u consello, se vivides aquí non marchedes e disfrutade desta fermosa cidade da que ninguén se aburre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario