Vistas de página en total

martes, 10 de mayo de 2011

Se non levades a merda traémola nós

Magnifica exhibición unha vez máis do Faro de Vigo. Merecen un aplauso por tanta hipocresía mediática, por tanta mediocridade que demostran día tras día, co difícil que resulta manterse a dito nivel. Faro de Vigo volve outra vez a carga, e desta vez non por publicar algo, senón por deixar de facelo.
Unha vez máis, a dirección de Faro de Vigo volve a estar a altura do betún, de onde parece non quere emerxer.
O certo é que non molesta quen quere, senón quen pode, pero desta vez vémonos na obriga de sacar adiante este post, para denunciar a manipulación mediática. O caso é que o pasado sábado, o redor das 12:00h un grupo de xente, arredor de 80 persoas, demostraron que é posible denunciar a parálise municipal diante de todo un pobo. En Massó, xusto na entrada principal da antiga fábrica conserveira, mozas e mozos cargaron contenedores de lixo, de merda, como eles lle chaman, que está almacenada xusto diante da antiga gardería. De tódolos xeitos todo estaba pensado. A merda colocaríase cada unha no seu contenedor, é dicir, os orgánicos a un contenedor de orgánicos, os plásticos o contenedor habilidado para tal efecto e así con varios contenedores. Cada un deles ademáis estaba perfectamente colocado, como se de cestas de nadal se tratasen. A merda foi conducida a pé dende Massó ate a porta do Concello. Alí quedou, a espera que o servizo de recollida de lixo o recollera (que o fixo en duas horas), mentres outra montaña de merda segue almacenada diante de Massó dende fai anos, a espera de que alguén se digne a recollela. Esta merda é a que se recolleu noutrora nos privilexiados espazos naturais de Massó. Xente que desinteresadamente e cun sentido práctico depositou neste lugar co fin de que o Concello mandara un camión a recollelo. Dito camión non deu chegado, e mentras este espazo de Massó convertiuse nun estercoleiro.
Queren destruir Massó!!! E Massó xa está destruído, tan só falta que se decidan a facer algo, o que? Pois cada terá a súa teoría de practicidade.
A manifestación-ecolóxica, transcurriu con tranquilidade, custodiada en todo momento pola Policía Local, quenes parecían escoltar a terroristas, sin embargo, recibirón unha maxistral clase de civismo. Estamos en contra de toda manipulación mediática, por iso, as veces calar, tamén é complice do cinismo máis cruel e déspota.
Pedimos a dirección de Faro de Vigo que fique no seu pasado, que pechen a porta por dentro e que tiren a chave pola ventá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario