Vistas de página en total

jueves, 12 de mayo de 2011

Literatura galega polo mundo atrás

Esta obra colectiva asinada por Salvador Castro, Henrique Harguindey, Xosé Martínez e Ramón Rocamonde, mestres integrantes do equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. María Soliño de Cangas, cementouse sobre una exposición estreada hai dous anos na Capela do Hospital e que neste tempo deu percorrido moitos centros de ensinanza de Galicia.
Fotos da exposición "Urbi et Orbi. Dende o galego para o mundo" no I.E.S. María Soliño.
Urbi et Orbi. Dende o galego para o mundo é unha recompilación de textos de escritores e escritoras orixinais en lingua galega, que foron traducidos a 42 linguas. Dende o corso ao xaponés, pasando polo checo, o albanés, o bretón, o ruso ou o árabe, sen esquecer o inglés, o francés e o italiano.
Os autores galegos comezaron a ser traducidos a outras linguas no Rexurdimento, primeiro os clásicos Rosalía e Curros e voltando cara atrás con Marín Codax ou Meendinho, para na actualidade converterse en habituais as edicións noutros idiomas das obras de escritores vivos coma Méndez Ferrín ou Manuel Rivas. Deste último pódense atopar nas librarías online, as súas obras traducidas en máis de vintecatro idiomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario