Vistas de página en total

lunes, 23 de mayo de 2011

“Hixiene Postural. O coidado das nosas costas na vida diaria”

O vindeiro mércores 25 de maio ás cinco e media do serán, terá lugar no colexio de ensinanza infantil Seara (Moaña), unha charla de balde sobre “Hixiene Postural. O coidado das costas na vida diaria”.
Este coloquio impartido por un especialista en Educación Física e Saúde, está incluído no programa “Medrando de forma saudable”, un conxunto de actividades destinadas ós nenos do comedor do C.E.I.P Seara. A temática da conversa incluirá puntos como a falta de hixiene postural, desviación nas costas, descompensación muscular, falta de exercicio, así como explicacións teórico prácticas para levantar obxectos grandes con seguridade, mellorar a postura nas actividades cotiás e maneiras de fortalecemento e desenrugamento muscular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario