Vistas de página en total

jueves, 5 de mayo de 2011

Homenaxe a Johán Carballeira

Os actos principiarán ás cinco da tarde cunha ofrenda floral, para logo desprazarse cara o Centro Social do Mar, onde se vai proxectar a longametraxe documental "Crónicas da Galiza mártir", realizada por Xan Leira.
Mañá domingo 17 de abril do 2011 co gallo do cabodano do fusilamento de José Francisco Gómez de la Cueva, a.k.a. Johan Carballeira, no monte da Caeira (Poio) en 1937, a asociación de Amigos de Johan C. realizará a tradicional ofrenda no monumento que erixiu o artista cambadés Manolo Paz diante do porto de Bueu, na memoria deste xornalista e outros represaliados na guerra do 36.
José Francisco Gómez de la Cueva (Vigo, 1902) ademáis de poeta vangardista esquecido e alcalde efémero no Bueu republicano anterior ó Alzamento, foi un escrebedor que no seu tempo modernizou o xornalismo galego. A principios dos anos vinte comezou a publicar artigos no Faro de Vigo e no 1927, xa baixo o pseudónimo Johán Carballeira, iniciou as súas colaboracións co xornal "El Pueblo Gallego", no que tamén participaba Rafael Dieste,entre outro. Asi, pasiño a pasiño, madurando a súa prosa polo camiño, a finais desa década xa formaba parte do consello de redacción. Nese medio, Johan C. escribiu reportaxes, crítica literaria, e revolucionou o cuarto poder na Galiza cun xénero novo no país: as entrevistas.
Ainda que simpatizante do Partido Galeguista dende a súa fundación, non ocupou ningún cargo político ata que foi elixido secretario da agrupación buenense en 1934. Dous anos despóis, trala victoria electoral da "Frente Popular" e a disolución dos gobernos locais, nomeárono alcalde de Bueu.
Pouco ficou no cargo, pois en agosto detivérono, pero tempo suficiente para ser recordado por acadar un acordo no prezo mínimo da sardiña capturada, entre os conserveiros da zona e os mariñeiros. Ese feito levouno a recibir unha homenaxe por parte dos mariñeiros da vila, xusto o día antes do golpe de estado militar de 1936.

No hay comentarios:

Publicar un comentario