Vistas de página en total

jueves, 5 de mayo de 2011

Xornadas formativas sobre aves

Chegada a primavera, ponse en marcha unha nova tempada do Programa SAGRE, unha iniciativa nada no 1996 co obxectivo de seguir e coñecer as tendencias poboacionáis das aves comúns. Impulsada pola Sociedad Española de Ortinotogía/Birdlife e coordinada a nivel galego pola Sociedade Galega de Ornitoloxía, esta iniciativa está aberta á participación de novos afecionados ás aves, non só para establecer un censo e estudo no longo prazo, senón tamén para contribuír á conservación das rolas, escribentas, lavercas ou bubelas.(Upupa epops)
Nestas xornadas informativas sobre o Programa SAGRE que van ter lugar o sábado 16 ás dez e media da mañá na Aula da Natureza (Cabo Udra, Bueu), hase falar dos obxectivos deste seguimento, dos seus fundamentos e metodoloxía, asi coma resolver dúbidas e problemas do traballo de campo. Trala teoría, farase unha práctica de recollida de datos e identificación de aves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario